03
Maio
BONOS IMPULSO PARA REACTIVAR O COMERCIO E A HOSTALERÍA
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA PUBLICACIÓN NO BOP DE LUGO DE HOXE DAS BASES REGULADORAS DOS BONOS IMPULSO PARA REACTIVAR O COMERCIO E A HOSTALERÍA
Viveiro, 3 de maio de 2021. O Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas que na edición de hoxe do BOP de Lugo saen publicadas as bases do Bono Impulso da Deputación de Lugo, unha iniciativa para reactivar o comercio e a hostalería.
O prazo para presentar as solicitudes comeza mañá e hai 15 días hábiles, polo que remata o 25 de maio. Os Bonos Impulso son unha iniciativa coa que se inxectarán máis de 1,5 millóns nos sectores da comercio e na hostalería da provincia.
Cada bono ten un importe de 30 euros e as persoas para poder usalos deberán facer unha compra ou consumición mínima de 60 euros. Repartiranse, por tanto, 17.000 bonos de 30 euros cada un entre a poboación da provincia, de tal forma que as persoas beneficiarias gasten o seu bono no concello no que residen.
A Deputación explicou que haberá unha repartición equitativa dos bonos por cada concello, unha repartición que seguirá criterios obxectivos como poden ser a poboación ou o número de persoas desempregadas.
A partir de mañá, os establecementos do pequeno comercio e da hostalería (incluído os negocios de hospedaxe) que desenvolvan a súa actividade en calquera dos 67 concellos da provincia, poderán solicitar a súa adhesión ao programa a través dun formulario.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro