CAMIÑO DO MAR

CAMIÑO DO MAR

O CONCELLO DE VIVEIRO COLABORA CO IES MARÍA SARMIENTO NUNHA ACCIÓN PARA PROMOVER E DAR A COÑECER O CAMIÑO DO MAR

 Viveiro, 20 de abril de 2022. O Concello de Viveiro colabora co IES María Sarmiento nunha acción para promover e dar a coñecer o Camiño do Mar.

 

Trátase dunha ruta organizada por Manuel Vicente, presidente da Asociación de Amigos do Camiño do Mar, na que os escolares participantes parten da igrexa de Santa Ana, en Celeiro, para chegar ata o instituto, onde se lle fai entrega dun pequeno agasallo e das credenciais co selo de Viveiro.

 

Esta acción encádrase no proxecto que está levando a cabo o IES María Sarmiento, coordinado por María Ron Cancio, en relación co exposición ‘A memoria do son’, na que se inclúe unha réplica dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

 

Un total de tres grupos de escolares participarán nesta andaina coa que se pretende promover e dar a coñecer o Camiño do Mar. Hoxe fixeron esta pequena peregrinaxe un grupo de estudantes do CEIP de Covas, que estiveron acompañados ao longo da ruta por María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo, e aos que lles fixo entrega das credencias seladas.

 

Mañá, tocaralles a un grupo de nenos e nenas do CEIP de Vicedo e o venres, farano alumnos e alumnas do Colexio Landro. Ademais da Concellaría de Turismo, colabora neste iniciativa a Concellaría de Educación.

 

O Concello de Viveiro traballa dende hai anos a prol da oficialización do Camiño do Mar, xa que considera que acadar a oficialidade é de vital importancia para toda a comarca, ao tratarse dun novo recurso turístico que redundaría positivamente no turismo e economía da zona.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar