CAMIÑO DO MAR

CAMIÑO DO MAR

O CONCELLO DE VIVEIRO COORDINA COAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES A POSTA EN MARCHA DAS CREDENCIAIS E OS SELOS DO CAMIÑO DO MAR

Viveiro, 16 de decembro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e o presidente da Asociación Amigos do Camiño do Mar, Manuel Vicente González, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da Asociación Centro Comercial Histórico e a Asociación Beiras para presentarlles as credenciais e os selos do Camiño do Mar.

A Oficina de Turismo de Viveiro conta xa coas credenciais e o obxectivo é que cada unha das asociacións dispoña dun ou dous puntos nos que os peregrinos poidan selar a credencial.

O Camiño do Mar é unha oportunidade para Viveiro e o seu sector servizos, polo que queremos coordinar diferentes iniciativas para impulsar a ruta con colectivos como as asociacións de comerciantes”, explica Maria Loureiro.

O Concello de Viveiro mantén de forma periódica reunións coa Asociación do Camiño do Mar, co obxectivo de seguir traballando na visibilización da ruta.

A Igrexa recoñeceu o pasado verán o Camiño do Mar pola costa, polo que xa da a Compostela aos peregrinos que realizan esta ruta de peregrinaxe.

Este recoñecemento por parte da Igrexa é un primeiro paso moi importante, polo que entendemos que agora a Xunta debe axilizar a súa tramitación para oficializar por fin o Camiño do Mar”, engade a alcaldesa de Viveiro.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar