CAMOVI

CAMOVI

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A CARREIRA POR MONTAÑA CAMOVI ‘GRAN PREMIO XACOBEO’

 Viveiro, 19 de abril de 2022. O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira por montaña Camovi ‘Gran Premio Xacobeo’.

Nesta edición, ademais a Camovi será o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas, dando desta maneira a proba un novo paso na súa proxección nacional.

Na presentación da proba, celebrada esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.

Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou.

O fomento do deporte e os hábitos de vida saudables son unha prioridade para o noso concello, e a Camovi é ademais unha fantástica maneira de que milleiros de persoas coñezan a beleza dos nosos montes e da natureza que rodea Viveiro, uns paraxes únicos que os que participan na proba poden disfrutar de primeira man”, engadiu.

Estou convencida de que a Camovi será un éxito e desde o Concello de Viveiro seguiremos facendo todo o que esté da nosa man para apoiar esta carreira e impulsar o deporte en todas as súas modalidades”, rematou Loureiro.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar