14
Xuño
CAMPAMENTO DE VERÁN 2021
O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA O SEU CAMPAMENTO DE VERÁN 2021 PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
Viveiro, 12 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa que desenvolverá o campamento de verán dende o 5 de xullo ata o 27 de agosto, destinado a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 anos e os 12 anos, empadroados/as no municipio.
Este servizo prestarase de luns a venres, de 8.30 a 14:00 horas, “co obxectivo de facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais”, apunta a alcaldesa, María Loureiro.
Proximamente publicaranse as bases de selección e a apertura do prazo de presentación de solicitudes.
Cómpre salientar, finalmente, que este servizo é unha das apostas importantes do equipo de goberno, que continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, do entretemento, do ocio e, sobre todo, da conciliación familiar.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro