01
Setembro
CAMPAMENTO DE VERÁN
O CONCELLO DE VIVEIRO CONCLÚE UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPAMENTO DE VERÁN, UNHA DAS MEDIDAS DE CONCILIACIÓN ESTIVAL
Viveiro, 31 de agosto de 2023. Conclúe unha nova edición do Campamento de Verán do Concello de Viveiro. Á súa última xornada deste ano 2023 asistiron a alcaldesa María Loureiro García e a primeira tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez García para despedir a actividade e aos nenos que participaron nela nesta segunda quincena de agosto.
María Loureiro quixo destacar “a importancia para a conciliación familiar que teñen programas como este, que cada ano acollen a un gran número de nenos e nenas de Viveiro”.
Pola súa banda, Míriam Bermúdez agradeceu ás familias “a confianza depositada un ano máis para a participación das cativas e cativos no campamento”.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro