CAMPAMENTO URBANO

CAMPAMENTO URBANO

O CONCELLO DE VIVEIRO PUBLICA AS ADMISIÓNS NO CAMPAMENTO URBANO E ABRE UN NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN

Viveiro, 29 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa que no día de onte se publicou, no taboleiro de anuncios dixital, o listado de admitidos/as no Campamento Urbano de Verán 2021, que comezará o vindeiro 5 de xullo de 2021.

Asemade, o goberno local informa que hai prazas vacantes nas dúas quendas ofertadas, polo que se vai proceder a abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes, tendo en conta as seguintes modificacións nas bases:

 

- Poderán participar os nenos e nenas empadronados/as en Viveiro sen requisito dun ano de antigüidade. Ademais, non será esixible ningún requisito de renda.

 

Este novo prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro xoves 1 de xullo de 2021.

 

Ao longo desta semana, o Concello de Viveiro facilitará información máis detallada para ás familias.

 

Dende o goberno municipal lémbrase que o Campamento Urbano de Verán 2021 se desenvolverá do 5 de xullo ao 27 de agosto de 2021 no pavillón do CEP Lois Tobío, de luns a vernes, en horario de 8.30 a 14.00 horas. Establecéronse dúas quendas, unha primeira, do 5 ao 30 de xullo, e unha segunda, do 2 ao 27 de agosto.

 

Coa prestación deste servizo, o Concello de Viveiro pretende favorecer a conciliación familiar, ofrecendo un recurso axeitado ás familias que por motivos laborais se atopan con dificultades para compaxinar a vida profesional e a crianza dos nenos e nenas.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar