CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2021

CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2021

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA APERTURA DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2021

Viveiro, 19 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa que o vindeiro luns, 21 de xuño de 2021, se abre o prazo para inscribirse no Campamento Urbano de Verán 2021, que terá lugar do 5 de xullo ao 27 de agosto de 2021.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o venres 25 de xuño de 2021. As bases de selección do Campamento Urbano de Verán do Concello de Viveiro e o modelo de solicitude están publicados no taboleiro de anuncios dixital e na páxina web do concello.
O Campamento Urbano de Verán está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2017, ambos os dous incluídos, e realizarase no pavillón do CEP Lois Tobío, de luns a vernes, en horario de 8.30 a 14.00 horas.
Ofértanse un total de 140 prazas. Para garantir a seguridade das nenas e nenos participantes, mantendo a distancia establecida e o traballo en grupo reducidos, establécense dúas quendas de 70 nenos e nenas cada unha, a elexir pola nai, pai ou titor/a.
1ª quenda: do 5 ao 30 de xullo.
2ª quenda: do 2 ao 27 de agosto.
De cubrirse a totalidade das prazas nunha quenda, atendendo á orde de inscrición, automaticamente quedarán adscritos á outra quenda, sempre no caso de quedaren prazas vacantes.
No caso de non cubrirse a totalidade das prazas na segunda quenda, poderían repetir os participantes na primeira, que así o desexen, atendendo ao criterio da orde de inscrición.
Resérvanse prazas para nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33% e para nenos e nenas pertencentes a familias en situacion de vulnerabilidade. No suposto de que as prazas reservadas non se cubran, pasarán a acumularse ao resto de prazas libres.
Coa prestación deste servizo, o Concello de Viveiro pretende favorecer a conciliación familiar, ofrecendo un recurso axeitado ás familias que por motivos laborais se atopan con dificultades para compaxinar a vida profesional e a crianza dos nenos e nenas. 
 
Os requisitos para poder participar son os seguintes:
 
- O/a menor deberá estar empadroado no Concello de Viveiro cun mínimo de un ano de antelación á data de comezo do campamento.
- Os/as participantes no campamento deberán ter nacido entre os anos 2009 e 2017, ambos os dous incluídos.
- O nivel de renda da unidade familiar non poderá ser superior a 6,5 veces o IPREM 2020, límite que se incrementará nun 15% cando se trate de familias monoparentais ou familias numerosas.
 
 
Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación compulsada:
a) Solicitude de participación no campamento e declaración responsable referente ás medidas excepcionais a adoptar fronte ao covid-19.
b) Fotocopia do DNI do/a menor 
c) Fotocopia da tarxeta sanitaria 
d) Fotocopia do DNI do pai/nai/titor legal que asine a solicitude de campamentos 
e) Fotocopia do libro de Familia 
f) No caso de ter certificado de discapacidade, copia do mesmo 
g) No caso de pertencer a grupo en situación de vulnerabilidade, informe acreditativo do mesmo
h) No caso de separación/divorcio entre os pais, copia da mesma para acreditar o réxime de custodia. 
i) Vida laboral dos proxenitores ou certificado de realización do curso de formación emitido pola entidade impartidora. 
j) Declaración da renda do exercizo 2019 e de non tela realizada certificado expedido pola AEAT acreditativo de dita circunstancia.
 
Con respecto ao criterio de selección, cómpre indicar que en primeiro lugar seleccionaranse aos nenos e nenas daquelas unidades familiares nas que ambos proxenitores teñan vixente unha relación laboral no prazo de presentación de instancias ou estén realizando un curso do plan de formación impartido dentro da formación para persoas desempregadas das distintas administracións públicas. 
No suposto de separación, divorcio ou familias monoparentais atenderase a que este requisito se cumpra respecto do proxenitor que se atope a cargo do/a menor.
De contar con máis solicitudes que cumpran este criterio que prazas vacantes, entre as mesmas seleccionarase por estricta orde de presentación de instancias.
De resultaren prazas vacantes, unha vez adoptado este criterio, seleccionarase por estricta orde de presentación de instancias.
Unha vez cubertas o máximo das 70 prazas ofertadas en cada quenda o resto de aspirantes pasarán á lista de agarda.
Perderán o seu dereito á praza no campamento no suposto de contar con máis de tres faltas sen xustificar. A xustificación deberá realizarse ante a empresa encargada do servizo.
O listado de admitidos e excluidos publicarase no taboleiro de anuncios dixital e na páxina web do concello.
O obxectivo deste campamento é cubrir a nivel pedagóxico este tempo de lecer facilitando unha alternativa de ocio saúdable, fomentando o xogo, o deporte, a expresión artística así como os valores de convivencia e respecto entre iguais. Promoverase a realización de actividades de carácter lúdico: manualidades, obradoiros de refugallo, xogo cooperativo, actividades deportivas.
 
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
 
 
 
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar