CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN NA

CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN NA

O CONCELLO DE VIVEIRO FINALIZA ESTA EDICIÓN DO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN NA QUE SE OFRECERON MÁIS PRAZAS E FLEXIBILIDADE ÁS FAMILIAS

Viveiro, 26 de agosto de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, visitou hoxe o Campamento Urbano de Verán con motivo da súa finalización.

 

O campamento municipal de verán, organizado polo Concello de Viveiro, desenvolveuse nos meses de xullo e agosto no pavillón do CEP Lois Tobío. Durante a xornada de hoxe os nenos e nenas puideron desfrutar dun día de festa con inchables e, ao finalizar, fíxoselles entrega dun diploma de participación.

 

O Campamento Urbano de verán é un servizo gratuíto que ofrecemos dende o Concello de Viveiro para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, unha prioridade para o noso goberno”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

A iniciativa diríxese a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2018, ofrecendo unha ampla oferta de actividades adaptadas as distintas idades dos participantes.

 

Cabe recordar que este ano incrementamos as prazas ofertadas, con 100 vacantes en cada quincena”, engade a rexedora. Tamén se ofreceu nesta edición a posibilidade de participar no campamento durante os dous meses de duración, dando máis flexibilidade ás familias, que puideron facer uso do servizo por quincenas, por meses ou durante o período completo.

 

Ao longo destes dous meses, os nenos e nenas participantes tiveron a oportunidade de desfrutar das actividades de carácter lúdico programadas, como manualidades, obradoiros de refugallo, xogo cooperativo, actividades deportivas, entre outras propostas.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar