Campamentos veran 2020

CAMPAMENTOS VERAN 2020

O CONCELLO DE VIVEIRO APRAZA O INICIO DO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN COMO MEDIDA DE PREVENCIÓN POLO REBROTE DE COVID-19 NA MARIÑA

Viveiro, 1 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro tomou a decisión de aprazar polo momento o inicio do Campamento Urbano de Verán, previsto para o 8 de xullo, como consecuencia do rebrote de Covid-19 existente na comarca da Mariña e ante a necesidade de adoptar medidas que eviten a súa propagación.

 

As solicitudes de participación deben presentarse igualmente dentro do prazo establecido inicialmente, é dicir, ata o luns 6 de xullo. Atendendo á evolución deste brote e ás recomendacións existentes, iremos avisando se se suspende definitivamente ou se inicia noutra data.

 

Tamén se decidiu pospoñer, como medida de prevención, o proxecto ‘De Ruada’, que incluía actuacións musicais por sorpresa durante os sábados do mes de xullo polas rúas de Viveiro, Covas e Celeiro. Esta iniciativa de música na rúa quedará posposta á espera de ver como vai evolucionando esta situación.

 

Finalmente, infórmase que no día de onte, no Diario Oficial de Galicia, a Consellería de Sanidade publicou a Orde do 30 de xuño de 2020 pola que se demora o restablecemento das actividades dos locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, e das festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar