CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA RECICLAXE EN CENTROS EDUCATIVOS

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA RECICLAXE EN CENTROS EDUCATIVOS

A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DE VIVEIRO LANZA UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA RECICLAXE EN CENTROS EDUCATIVOS

Viveiro, 6 de xuño de 2024. A Concellería de Medio Ambiente de Viveiro dá comezo hoxe, xoves 6 de xuño, á súa nova campaña de promoción da reciclaxe nos centros educativos do municipio.

Esta iniciativa incluirá diversos obradoiros, que teñen como obxectivo a divulgación sobre a reciclaxe e a compostaxe entre o alumnado e os máis cativos, que están en período de formación e aprendizaxe.

Nestas actividades daranse a coñecer as diferentes fraccións de residuos e introduciranse os proxectos que ten posto en marcha o Concello de Viveiro neste ámbito.

Hoxe impartíronse tres obradoiros no CEIP Celeiro dirixidos ó alumnado de educación infantil, onde os nenos e as nenas aprenderon en que colector deben depositar cada residuo e en que consiste a compostaxe.

Esta primeira xornada tivo lugar entre as 10:00 e as 11:30 da mañá. Posteriormente tivo lugar unha segunda xornada de obradoiros no CEIP de Santa Rita, dirixida ó alumnado de educación primaria, entre as 12:30 e as 13:30 horas.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar