CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR A TRES BANDAS-II TROFEO CIDADE DE VIVEIRO

CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR A TRES BANDAS-II TROFEO CIDADE DE VIVEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR A TRES BANDAS-II TROFEO CIDADE DE VIVEIRO

Viveiro, 3 de maio de 2023. O Concello de Viveiro acolle estes días o Campionato Galego de Billar a tres bandas-II Trofeo ‘Cidade de Viveiro’ .

A competición, que se disputa no Colexio Vello de Celeiro, está organizada polo Viveiro Club de Billar e conta coa presenza dos mellores xogadores galegos na actualidade, incluído o líder do ranquin autonómico Samuel García Ballesteros, do Billar Errantes.

“Estamos moi felices de volver a acoller este Trofeo Cidade de Viveiro que reúne aos mellores xogadores de Galicia, unha cita dun deporte con moita tradición e seguimento que dende o Concello apoiamos e promovemos”, afirma a alcaldesa María Loureiro.

En total serán corenta os xogadores que loitarán polo triunfo nas diferentes fases previas ata chegar á final deste Autonómico, que se celebra o sábado día 13 ás 19:30 horas.

As partidas poden seguirse a través da canle de You Tube.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar