CAMPIONATO SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA SUB19 E SUB16 MASCULINAS

CAMPIONATO SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA SUB19 E SUB16 MASCULINAS

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTOU HOXE A FASE PREVIA DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA SUB19 E SUB16 MASCULINAS.

O Concello de Viveiro presentou hoxe a Fase Previa dos Campionatos de España de Seleccións autonómicas de Fútbol Sala sub19 e sub16 masculinas.

Participaron na presentación a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín; o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Cadramón; Claudia Pons, seleccionadora de España en fútbol sala feminino, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto.

Viveiro será, xunto con Burela, unha das sedes deste evento entre o 26 e o 30 de decembro.

“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes de Viveiro, Eleazar José Rodríguez Abuín.

As seleccións galegas mediranse nesta primeira fase aos combinados de Madrid, Cataluña, Canarias e Ceuta.

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar