22
Febreiro
CAMPO DE FÚTBOL DE LAVANDEIRAS
O CONCELLO DE VIVEIRO CONSEGUE O APOIO DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA O ARRANXO DO CAMPO DE FÚTBOL DE LAVANDEIRAS
Viveiro, 21 de febreiro de 2022. A Deputación Provincial de Lugo, a través da súa Área de Deportes, comprométese a achegar unha parte do importe necesario para arranxar o campo de fútbol de Lavandeiras.
O Concello de Viveiro elaborou o proxecto para executar diversas melloras nesta instalación, solicitando a colaboración económica da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para poder levar a cabo as actuacións.
Tras a reunión mantida no día de hoxe na Deputación, á que tamén acudiron representantes do Celeiro Club del Mar, a Área de Deportes provincial confirmou a súa colaboración.
Deste xeito, o Concello de Viveiro e a Área de Deportes da Deputación Provincial asumirían, cada unha delas, unha terceira parte gasto, e o terzo restante o goberno local espera que sexa asumido pola Xunta de Galicia.
“Neste momento estamos á espera de resposta por parte do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, despois de que tamén se lle enviara copia do proxecto e un escrito solicitando a súa colaboración”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
“Poder contar coa colaboración da Área de Deportes da Deputación é unha boa noticia e entendemos que esta é a forma de traballar, sen que sexa o concello o que teña que asumir todo o custe desta actuación”, engade.
O concello redactou o proxecto e presentouno en ambas administracións. Xa se conta co compromiso da Área de Deportes da Deputación e goberno local agarda que pronto poida contar tamén coa colaboración da Xunta de Galicia.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro