CANASTRAS NO PASEO MARÍTIMO

CANASTRAS NO PASEO MARÍTIMO

O CONCELLO DE VIVEIRO INSTALA CANASTRAS NO PASEO MARÍTIMO PARA USO DA VECIÑANZA

Viveiro, 9 de maio de 2023. O Concello de Viveiro ven de instalar unhas canastras para uso da veciñanza no Paseo Marítimo.

Esta área dispoñía con anterioridade dunha zona de parque biosaudable con xogos que agora se retiraron co obxectivo de proceder a súa restauración. O grupo de goberno pretende volver colocalos noutra parte da vila, acondicionando unha nova área á que incorporará tamén elementos novos se fose necesario.

A nova zona deportiva de canastras que se habilita ao aire libre no Paseo Marítimo responde á demanda dos veciños e veciños, que reclamaban un espazo para uso exclusivo de baloncesto.

“Con esta actuación damos continuidade ás tarefas de mellora e mantemento que de forma periódica se levan a cabo nos parques e nas instalacións municipais, que inclúen labores de reparación e suxeición dos elementos de xogo xunto á substitución dos elementos deteriorados. Ao mesmo tempo, ampliamos as zonas deportivas, xerando máis áreas para que cativos e maiores poidan desfrutar do baloncesto e do tempo de lecer”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar