CARAVELA VERA CRUZ

CARAVELA VERA CRUZ

A CARAVELA VERA CRUZ, UNHA RÉPLICA DAS QUE PARTICIPARON NA PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO HAI 500 ANOS, REGRESA A VIVEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 10 DE SETEMBRO

Viveiro, 7 de setembro de 2022. A Caravela Vera Cruz, unha réplica das carabelas portuguesas dos séculos XV e XVI, partiu de Lisboa o 25 de agosto rumbo a Guetaria, co obxectivo de participar no 500 aniversario da primeira volta ao mundo, que finalizou o 6 de setembro de 1522 en Sevilla, por parte de Juan Sebastian Elcano e Fernando de Magallanes. Durante súa singladura ata Guetaria, a Vera Cruz realizou unha parada técnica no porto de Celeiro o 28 de agosto.

Como xa estaba previsto, despois dos actos que tiveron lugar na localidade vasca, no seu regreso a Lisboa, a Caravela Vera Cruz realizará unha nova parada en Viveiro. A previsión é que saia de Guetaria mañá xoves e que chegue ao porto de Celeiro no atardecer do venres, quedando atracada no peirao norte de Celeiro.

A embarcación poderá visitarse gratuitamente ao longo da xornada do sábado 10 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, permitindo que todas aquelas persoas que o desexen poidan visitar esta carabela que, no seu interior, alberga unha recreación de como era a vida a bordo naquela época. Asemade, o concello realizará unha recepción oficial.

A tripulación da Caravela Vera Cruz está formada por uns quince homes e mulleres, entre os que se inclúe ao viveirense Manuel López Martínez, que foi o promotor desta parada, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e de Andrés Díaz Ferro, práctico retirado de Vivero, Burela e Cariño, así como da Consignataria de Viveiro, Nieves López.

Esta é unha oportunidade única para visitar esta embarcación, que pertence a Aporvela, a Escola Portuguesa de Capacitación de Vela.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar