CARLOS OROZA NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

CARLOS OROZA NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE DESE MAÑÁ UNHA MOSTRA PARA LEMBRAR A FIGURA DO POETA CARLOS OROZA NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

Viveiro, 2 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro mantén vivo o recordo dun dos seus veciños máis ilustres, o poeta Carlos Oroza, que desde mañá ás 12.00 horas é o protagonista dunha exposición ao aire libre nos Xardíns Noriega Varela.

O viveirense é un poeta adscrito á xeración beat, de inspiración rebelde e contracultural, recoñecido polos seus excelentes recitais. Era un mestre no arte da poesía oral e un referente que impresionaba pola súa forza e a viveza da súa voz.

Aínda que marchou moi novo de Viveiro cara a Madrid e residiu a maior parte da súa vida en Vigo, Oroza deixou pegada na súa vila natal e agora os veciños e veciñas poderán achegarse á súa figura.

Estamos moi orgullosos de contribuír a por en valor a obra dun dos referentes da poesía oral no noso país. Viveiro é berce de moitos grandes nomes da nosa literatura e dende o Concello estamos moi satisfeitos de dar a coñecer o seu legado”, afirma a alcaldesa de Viveiro María Loureiro.

A mostra conta con seis cubos con imaxes e textos que fan un percorrido pola súa vida e a súa obra.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar