CARTEL FESTAS PATRONAIS

CARTEL FESTAS PATRONAIS

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA O CARTEL PARA AS FESTAS PATRONAIS DESEÑADO POLA PINTORA LOCAL OLIVA DÍAZ MEJUTO

Viveiro, 22 de xullo de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron esta mañá o cartel das Festas Patronais deste ano, xunto á artista encargada do deseño, Oliva Díaz Mejuto. 
 
Como cada ano, o Concello de Viveiro encarga o deseño do cartel a un artista local, co obxectivo de fomentar o talento artístico do municipio. Neste ano a pintora Oliva Díaz Mejuto, foi a responsable do cartel. 
 
“O deseño de Oliva transmite sen dúbidas o espírito das nosas festas, cuxo programa completo detallaremos proximamente. De momento, xa anunciamos o concurso de karaoke, Viveiro Canta; o desfile dos cabezudos e mais o concerto de Mikel Erentxun”, recorda a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 
 
Pola súa banda, a concelleira de Cultura recorda que esta iniciativa “pon en valor aos artistas locais, para que cada un mostre a súa visión desta cita”. Ademais, “no deseño deste ano, reivindícanse os cabezudos, tan ansiados polos nenos/as e que todos recordamos da nosa infancia”, engade a concelleira.  
 
Pola súa banda, Oliva Díaz Mejuto expresou que o deseño do cartel supoñía unha importante responsabilidade, ademais dunha gran honra. Segundo a deseñadora do cartel, “os xigantes e cabezudos, en primeiro plano, son o símbolo de Viveiro en festas e unha homenaxe ás familias; no fondo, unha vista da Praza Maior, que é o centro dos actos festivos; tamén aparece a Biblioteca Municipal no centro, en cuxo balcón se da o pistoletaxo de saída ás festas”. 
 
Respecto da cor, as protagonistas do cartel son as cores primarias, que caracterizan a obra desta pintora, outorgándolle luz e cor, cun carácter festivo. 
“Agardo que o deseño lles guste tanto a adultos como á rapazada xa que supón unha homenaxe ao meu querido Viveiro, ás súas xentes e tradicións”, finaliza a artista. 
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar