CATALINA FERNÁNDEZ MÉNDEZ TOMA POSESIÓN COMO NOVA CONCELLEIRA

CATALINA FERNÁNDEZ MÉNDEZ TOMA POSESIÓN COMO NOVA CONCELLEIRA

CATALINA FERNÁNDEZ MÉNDEZ TOMA POSESIÓN COMO NOVA CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL, SANIDADE E INFANCIA EN VIVEIRO

Viveiro, 11 de xaneiro de 2023. Catalina Fernández Méndez tomou posesión como nova concelleira de Benestar Social, Sanidade e Infancia en Viveiro no pleno ordinario realizado onte.

A entrada de Fernández Méndez na corporación municipal prodúcese despois da renuncia da ata agora concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, á súa acta por motivos estrictamente profesionais.

As competencias de Turismo serán asumidas polo momento pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, co obxectivo de “seguir adiante cos temas que temos pendentes, como pode ser o de Fitur”, explica.

O turismo é fundamental para Viveiro, xa que o sector servizos supón máis do 50% de emprego no municipio, e polo tanto dende o Goberno local dámoslle moita importancia”, sinala Loureiro.

A alcaldesa destaca tamén que “a anterior concelleira, Marisol, a pesar de non contar con dedicación exclusiva do Concello, levaba todo ela dada a súa profesionalidade e dedicación”. “O seu papel na visibilización e no aproveitamento do potencial turístico de Viveiro foi fundamental nos últimos anos”, engade.

Grazas a todo o traballo feito, o turismo na vila estase desestacionalizando, afianzándose como un sector clave xunto co pesqueiro ou o forestal”, explica Loureiro. “Ademais, estamos traballando así mesmo para fomentar e atraer a industria, como facemos coa reivindicación da VAC Costa Norte ou coa aprobación do Plan Xeral entre outras actuacións", conclúe a alcaldesa.

Pola súa banda, Fernández Méndez destacou a súa “ilusión por formar parte do equipo de goberno e traballar por todos os veciños e veciñas de Viveiro”, sinala a nova concelleira, que é tamén médica internista no Hospital Público da Mariña.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar