CERTAME DE DEBUXO INFANTIL

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL

O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA A SOFIYA INSUA E A ELENA RIVERA POLOS SEUS PREMIOS NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME DE DEBUXO INFANTIL

Viveiro, 11 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro traslada a súa noraboa ás viveirenses Sofiya Insua Evtyukova e Elena Rivera Díaz, polos seus premios no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021, organizado pola Biblioteca Pública de Lugo.

As dúas viveirenses foron premiadas na categoría de debuxo, concretamente, Sofiya Insua Evtyukova, de 7 anos e do CEP Lois Tobío, logrou o primeiro premio da categoría ata 8 anos. Doutra banda, Elena Rivera Díaz, do mesmo centro escolar e de 10 anos de idade, era a segunda clasificada na categoría de 9 a 11 anos.

Queremos felicitar a estas nenas polo seu traballo e sobre todo animalas a que continúen desenvolvendo o seu talento no debuxo. Agradecemos ademais a implicación de todos os participantes, cuxo esforzo implica un impulso á cultura”, afirma Lara Fernández Fernández Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

A edil tamén enxalzou o traballo da Biblioteca Municipal de Viveiro, que recoñecía na fase local os mellores traballos da vila. Esta selección pasou á fase provincial, entre eles os dous finalmente premiados.

Ambas rapazas recibirán cadanseu premio nun acto que se celebrará no salón de actos da Biblioteca de Lugo, o vindeiro martes 15 de xuño.

Por último, dada a actual evolución da situación epidemiolóxica, o Concello de Viveiro decidiu entregar fisicamente os premios das fases locais dos certames de debuxo e narración de Nadal e das Letras Galegas. Os cativos e cativas gañadores recibirán os seus premios o vindeiro 18 de xuño na sala multiusos do Concello, ás 18:00 os do certame de Nadal, e ás 18:30 os concurso das Letras Galegas.

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar