CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2022

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2022

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA OS PREMIOS DA FASE LOCAL DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2022

Viveiro, 16 de maio de 2022. O Concello de Viveiro anuncia os gañadores e gañadoras da fase local no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2022, un certame convocado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo.

 

Na categoría A, ata 8 anos, premiouse o traballo de debuxo de Xue Corujo Louzao, mentres entre as narracións, resultaron premiadas as presentadas por Aroa Alló Fernández, Valentina Ares Álvarez e Julia Aguirre Eiroa.

 

Na categoría B, de 9 a 11 anos, os mellores debuxos foron os de Mateo Orosa Otero, Ariana María Bucur e David Petrus Groza. Respecto das narracións, as mellores foron as de Luis Balsa Gómez, Ruth Palmeiro Blanco e Hugo Martínez Pernas.

 

Na categoría C, de 12 a 16 anos, os mellores debuxos foron os presentados por Lucía Orbe Otero, Zaira Otero Sierra e Sofía Freire Gómez. Pola súa parte, a mellor narración foi a de Adriana Pérez Veiga.

 

Os traballos premiados nesta fase local do certame competirán agora na fase provincial, onde se terán en conta as obras de nenos/as de toda a provincia de Lugo.

 

Os premios da fase local entregaranse este sábado, 21 de maio ás 12:00, na Biblioteca Municipal de Viveiro.

 

Dende o Concello de Viveiro agradecemos a boa acollida do certame, traslando os nosos parabéns a todos os participantes, sobre todo ós premiados/as. Tamén agradecemos a colaboración dos centros educativos nestas iniciativas”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.


Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar