CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2021

CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2021

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA OS POEMAS PREMIADOS NO CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2021”

Viveiro, 14 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro informa da resolución do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2021” na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo, con edición locais nos distintos municipios previas á fase final provincial.


 

Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do CEIP de Covas e o de Blanca Loureiro Valledor, do CEP Lois Tobío.


 

Ademais, concedéronse tres accésits recoñecendo os textos de Inés Mariño Gómez, Nereida Pereira Louzao e David Güeto Diéguez.


 

A entrega de premios desta fase local do certame celebrarase o sábado 29 de xaneiro ás 13:00, na Biblioteca Municipal de Viveiro.


 

Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.


 

O xurado, que decidiu os textos gañadores, estivo formado por Amadora Taracido Lago, Covadonga Dopico Cachán, Ana María Fernández-Noriega Fernández e Lara Fernández Fernández-Noriega.


 

Agradecemos a motivación de todos os xóvenes escritores e escritoras que nos enviaron os seus textos, así como a implicación do profesorado para que a mocidade participe na Cultura”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar