25
Xaneiro
CESIóN AO CONCELLO DE VIVEIRO DOS TERREOS DE LAVANDEIRAS-LODEIRO
Dª. María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, e Dª. Luis Fernando Jácome López, Delegado de Economía e Facenda de Lugo, actuando en nome e representación do Estado Español, asinaron o documento administrativo de cesión
NOTA DE PRENSA
Dª. María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, e Dª. Luis Fernando Jácome López, Delegado de Economía e Facenda de Lugo, actuando en nome e representación do Estado Español, asinaron o documento administrativo de cesión mediante o cal se ceden gratuitamente ao Concello de Viveiro os terreos de Lavandeiras-Lodeiro, cunha extensión superficial de 15 Ha., 13 áreas e 49 centiáreas, destinada a diversos servizos municipais. A cesión destes terreos foi solicitada polo Concello á Dirección Xeral de Patrimonio do Estado.
Viveiro, 25 de xaneiro de 2016.
A alcaldesa,
María Loureiro García