Chamamento o covismo

CHAMAMENTO O COVISMO

O CONCELLO DE VIVEIRO FAI UN CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE E O CIVISMO PARA EVITAR OS ACTOS VANDÁLICOS DESTA NOITE, UN TRISTE SUCESO QUE SUPÓN ADEMAIS UN RISCO SANITARIO

Viveiro, 23 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro fai un chamamento público á responsabilidade e o civismo para evitar que se repitan os actos vandálicos desta noite, que supoñen ademais no actual contexto un risco sanitario, ao atopar no chan numerosas mascarillas e luvas.

Viveiro amenceu hoxe nun estado lamentable como consecuencia dun acto vandálico polo cal se baleiraron papeleiras e colectores de todo o casco urbano, polo que dende o Concello de Viveiro apelan á responsabilidade e o civismo cidadá para evitar este tipo de sucesos, respectando o medio ambiente, o traballo dos servizos de limpeza e á veciñanza en xeral.

Dende o concello considérase inconcebible esta actitude, tendo en conta ademais que o comportamento do conxunto da veciñanza foi “exemplar durante o estado de alarma”. Advirte que está tomando as medidas pertinentes e as posibles sancións e advertirase dos potenciais vandalismos que serán castigados con multas.

“Lamentamos profundamente estes feitos, tristes e lamentables, que pouco aportan ao esforzo que este concello está realizando para mellorar a xestión dos residuos municipais e a concienciación veciñal nun tema tan relevante como este”, asegura o grupo de goberno local.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar