19
Abril
CHARLA DO CRONISTA OFICIAL DE VIVEIRO SOBRE II REPÚBLICA
O 21 de abril, na sala multiusos, o Cronista Oficial de Viveiro ofrecerá unha charla sobre a II República e cómo se viviu ese período histórico en Viveiro
O xoves 21 de abril, ás 21:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, o Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, ofrecerá unha conferencia sobre a II República e cómo se viviu este período histórico en Viveiro, na que, entre outros aspectos, se falará de cómo foi o proceso democrático da República, da Constitución Republicana, do abano político que nace a partir do novo réxime, das corporacións municipais, das conquistas sociais... e de cómo inflúe todo isto en Viveiro, facendo referencia, entre outras cuestións, aos conflitos xerados nas conserveiras pola xornada laboral de oito horas.