16
Setembro
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A NOVA FACTURA DA LUZ
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DUNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A NOVA FACTURA DA LUZ
Viveiro, 14 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro informa que o vindeiro xoves 23 de setembro, ás 19:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, terá lugar a charla gratuíta "A nova factura da luz".
Esta charla forma parte da campaña informativa "A nova tarifa eléctrica", que está a desenvolver o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, co obxectivo de achegar á poboación galega información e asesoramento en relación aos cambios profundos que se produciron, dende o mes de xuño deste ano 2021, na nova tarifa e na factura eléctrica.
Esta charla informativa terá aforo limitado e durante a mesma seguiranse todos os protocolos COVID-19 pertinentes.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro