CHARLA SOBRE AS PRINCIPAIS ESTAFAS EN INTERNET

CHARLA SOBRE AS PRINCIPAIS ESTAFAS EN INTERNET

O CONCELLO DE VIVEIRO E A POLICÍA NACIONAL ORGANIZAN O LUNS, DIA 12, UNHA CHARLA SOBRE AS PRINCIPAIS ESTAFAS EN INTERNET

Viveiro, 7 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro e a Comisaría da Policía Nacional de Viveiro organizan o próximo luns 12 de decembro, ás 20:30 horas, unha charla informativa sobre as principais estafas en Internet e nas redes sociais.

A Sala Multiusos da Casa do Concello acolle este encontro que ten como obxectivo explicar, entre outros aspectos, como actúan os ciberdelicuentes a través das webs así como dar consellos para poder evitar os timos ou enganos.

"Desgrazadamente, estas prácticas van a máis, polo que queremos informar aos nosos veciños e veciñas de como previr este tipo de situacións, agradecendo a colaboración da Policía Nacional", explica a alcaldesa, María Loureiro.

A charla, impartida por axentes da Comisaría de Viveiro, é totalmente gratuíta e está aberta a todos os veciños e veciñas ata completar aforo, aínda que está especialmente recomendada para as persoas maiores, as máis vulnerables neste tipo de situacións.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar