CLUB DE LECTURA EN FEMININO

CLUB DE LECTURA EN FEMININO

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA O ÉXITO DAS SESIÓNS DO CLUB DE LECTURA EN FEMININO

  Viveiro, 24 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro destaca o éxito do encontro do club de lectura en feminino celebrado presencialmente onte na Biblioteca Municipal. O club de lectura é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura e Muller e co apoio do Centro de Información á Muller (CIM).


 

O obxectivo deste proxecto é o fomento da cultura e da literatura cunha visión de igualdade de xénero. A obra comentada na pasada sesión foi “Los monólogos de la vagina”, da estadounidense Eve Ensler, un libro que está no centro da loita contra a violencia de xénero.

Tiñamos moitas ganas de poñer en marcha este club de lectura, que nos permite reivindicar a literatura feminina, xerando conversacións e interese sobre esta”, subliña a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.


 

A proposta literaria suscitou moito interese entre as persoas participantes, abrindo así un interesante debate sobre o libro. O próximo encontro deste club será telemático o próximo mércores 30 de marzo. A obra elixida para esta sesión será “Claves Ecofeministas”, de Alicia H. Puleo.


 

Dende o Concello de Viveiro agradécese a asistencia das persoas que participaron no encontro e agárdase que aquelas que non puideron formar parte, retomen a actividade. Ademais, recórdase que a participación na actividade continúa aberta e que nela poden participar tanto homes como mulleres.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar