17
Xuño
CLUB DE LECTURA EN FEMININO
O CONCELLO DE VIVEIRO REMATA CON ÉXITO A PRIMEIRA EDICIÓN DO CLUB DE LECTURA EN FEMININO
Viveiro, 16 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro agradece ás participantes do primeiro cuadrimestre do club de lectura en feminino, que onte celebrou a última sesión deste período. O club de lectura é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura e Muller e co apoio do Centro de Información á Muller (CIM).
O obxectivo deste proxecto foi fomento da cultura e da literatura cunha visión de igualdade de xénero. Ademais, buscábase dar visibilidade ás escritoras femininas. Dende o Concello de Viveiro, agradecen ás participantes na xornada de onte a súa presenza, tanto fisicamente como en liña.
“Este foi un foro no que compartir e traballar, aprendendo e compartindo lecturas. Agradecemos a implicación de todas as mulleres pioneiras que se sumaron a este proxecto”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. Dado o éxito do club de lectura en feminino, o proxecto terá continuidade o próximo mes de outubro.
As obras tratadas nesta edición foron Monólogos de la vagina de Eva Ensler, Claves ecofeministas de Alicia Puleo, Querida Ijeawele o como educar en el feminisno de Chiamamanda Ngozi Adiche e Una habitación propia Virginia Woolf.
Tamén se escolleron As horas roubadas de María Solar, Algo arededor de tu cuello de Chiamamanda Ngozi Adiche, Mi vida en la carretera de Gloria Steinem, Playoff de Marta Buchaca, El cuento de la criada de Margaret Atwood y Si las mujeres mandasen, con textos de diferentes autoras.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro