COLABORACIÓN COA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

O CONCELLO DE VIVEIRO, RECOÑECIDO COMO “UN DOS MÁIS DESTACADOS NA COLABORACIÓN COA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE”

Viveiro, 14 de xuño de 2023. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, ADOS, recoñeceu ao Concello de Viveiro como un dos concellos máis destacados na súa colaboración coa institución, nunha gala celebrada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela por mor do Día Mundial do Doante de Sangue.
 
O encargado de recibir a distinción en nome do Concello de Viveiro foi Jesús Fernández Fernández, primeiro tenente de alcalde e concelleiro encargado das áreas de Economía e Facenda, Mar, Participación Cidadá, Desenvolvemento Local e Conservatorio Profesional de Música.
 
Na gala, a ADOS recoñeceu a labor de colaboración coa doazón de sangue e órganos de diversas entidades públicas e privadas, dende concellos e centros de ensino ata empresas e influencers. O Concello de Viveiro, entre outros, foi distinguido como “un dos máis destacados na colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue” ao longo dos seus 30 anos de historia.
 
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar