COMEZAN OS TRABALLOS EN ESCOURIDO

COMEZAN OS TRABALLOS EN ESCOURIDO

A TENENCIA DE ALCALDÍA DE VIVEIRO DÁ COMEZO AOS TRABALLOS EN ESCOURIDO CUN INVESTIMENTO DE 85.757,35 EUROS

Viveiro, 11 de setembro de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro dá comezo aos traballos de reparación do pavimento, canalización de augas e pintado de marcas viais en Escourido, na parroquia de Covas. A actuación supón un investimento de 85.757,35 euros.

A tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras, Míriam Bermúdez, explica que "co desenvolvemento deste plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, o Concello poderá acometer a mellora do firme dun vial municipal que dá acceso a numerosas parcelas da parroquia, facéndoos máis utilizables".

Míriam Bermúdez resaltou tamén que a reparación deste vial "permitirá ter unha vía alternativa á estreita estrada da Abrela, quedando pendente un estudo posterior para reorganizar os sentidos dos viais e evitar encontros de vehículos en zonas estreitas, onde se teñen dado incidentes no pasado".

Pola súa banda, Ramón Martínez, concelleiro de Medio Rural, apuntou ademais que "neste caso tamén se fará unha canalización importante dun regato que anegaba unha zona do vial no lugar de Riquián".

O edil destacou que "Viveiro posúe unha ampla extensión de terreo destinado ao mundo rural, e a maior parte das súas parroquias atópanse dentro deste ámbito con numerosos asentamentos de poboación, polo que a mellora das súas infraestruturas é unha das nosas prioridades".

O orzamento destes traballos en Escourido vén financiado a través dunha subvención da AGADER, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar