COMEZO DO CAMPAMENTO DE VERÁN

COMEZO DO CAMPAMENTO DE VERÁN

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO COMEZO DO CAMPAMENTO DE VERÁN, QUE FACILITA A CONCILIACIÓN E POTENCIA A CONVIVENCIA ENTRE OS NENOS E NENAS

Viveiro, 29 de xuño 2024. O concello de Viveiro informa de que o luns, 1 de xullo, comeza a primeira quenda do campamento de verán, que se desenvolverá no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 08.30 a 14.30 horas con entrada flexible ata ás 10.00 horas.

Haberá catro quendas ata o 30 de agosto:

-1ª Quincena de xullo (do 1 ao 12 incluídos)

-2ª Quincena de xullo (do 15 ao 26 incluídos)

-1ª Quincena de agosto (do 29 de xullo ao 09 de agosto incluídos)

-2ª Quincena de agosto (do 12 ao 30 de agosto incluídos)

“Con este campamento buscamos favorecer a conciliación familiar. Deste modo, os cativos e cativas gozan dunha alternativa de ocio saudable e á vez que pedagóxica, na que se fomentan o xogo, o deporte e a expresión artística, ademais de valores como a convivencia ou o respecto entre iguais”, explica María Loureiro.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar