COMEZO DUNS TRABALLOS PARA POÑER EN VALOR OS RESTOS ARQUEOLÓXICO

COMEZO DUNS TRABALLOS PARA POÑER EN VALOR OS RESTOS ARQUEOLÓXICO

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO COMEZO DUNS TRABALLOS PARA POÑER EN VALOR OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS E A ANTIGA GARITA DE VIXIANCIA DO MIRADOR MONTE FARO

Viveiro, 25 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas do inicio da obra ‘Memoria valorada para excavación arqueolóxica e posta en valor de garita e o seu entorno en Monte Faro-Viveiro’.

 

Con esta actuación preténdese potenciar os restos de muros existentes na zona, que formaban parte dunha antiga construcion supostamente destinada a garita de vixiancia, situada no Mirador de Monte Faro, onde o Concello de Viveiro xa realizara unha serie de obras en 2019, contribuíndo deste modo a unha maior potenciación e activación turística do lugar.

 

Esta segunda intervención no Mirador de Monte Faro para poñer en valor estos restos antigos plantéxase neste momento ao considerar, durante a execución das obras anteriores, a conveniencia e necesidade de realizar no entorno dos mesmos unha intervención arqueolóxica co obxecto de garantir, no seu caso a, existencia e conservación de elementos que poidan contar con valor histórico, etnográfico ou arqueolóxico.

 

Unha vez que se realice o estudo arqueolóxico e garantizada a posible seguridade en caso de valor histórico dos muros antigos existentes, a posta en valor dos mesmos aumentaría en gran medida o valor como recurso turístico da zona, dado que sería un elemento singular dos poucos que quedan na costa galega.

 

Esta obra, cun orzamento de contrata de 17.926,76 euros, é subvencionada pola Axencia Turismo de Galicia, que financia o importe de 11.652,39 euros, correspondendo á aportación municipal o importe restante, por un total de 6.274,37 euros.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar