COMPOSTAXE

COMPOSTAXE

O CONCELLO DE VIVEIRO IMPULSA A COMPOSTAXE NO MUNICIPIO E BUSCA CHEGAR ÁS 300 FAMILIAS ADHERIDAS AO PROGRAMA VIVEIRO SUSTENTABLE

Viveiro, 20 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro continúa avanzando no seu programa de loita contra o cambio climático e defensa do medio ambiente “Viveiro Sustentable”. Na primeira campaña do programa, centrada na compostaxe, están involucradas máis de 200 familias, ás que o goberno local agradece o seu compromiso. 
 
A alcaldesa, María Loureiro móstrase satisfeita coa iniciativa “a boa resposta da veciñanza anímanos a seguir tomando medidas para protexer o noso medioambiente e reforzar o programa de compostaxe”.
 
O obxectivo do goberno local é chegar ás 300 familias implicadas no programa de compostaxe, polo que o Concello de Viveiro proporá unha nova recollida de composteiros o martes 24 e o xoves 26 de agosto entre as 17:00 e as 20:00 no Pavillón Municipal. 
 
O único requisito é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.
 
As persoas que recollan o composteiro recibirán unha chamada para completar os seus datos, tamén poden facelo nun formulario online antes ou despois da recollida. Logo disto recibirán a visita das Mestras Composteiras que farán o labor de formación para o mellor funcionamento dos composteiros.
 
Preténdese con esta aposta pola compostaxe que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares. 
 
Para participar de forma gratuíta no programa pódese completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF), enviar un correo electrónico a  viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675.507.832.
 
“Queremos animar á cidadanía a sumarse á iniciativa e que, como estas 200 familias, traballen por defender o medioambiente e loitar contra o cambio climático”, engade a alcaldesa. 
 
A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar