COMUNICADO INFORMATIVO DO CONCELLO DE VIVEIRO SOBRE AS AXUDAS AOS CLUBES DEPORTIVOS

COMUNICADO INFORMATIVO DO CONCELLO DE VIVEIRO SOBRE AS AXUDAS AOS CLUBES DEPORTIVOS

COMUNICADO INFORMATIVO DO CONCELLO DE VIVEIRO SOBRE AS AXUDAS AOS CLUBES DEPORTIVOS

Viveiro, 20 de decembro de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informa de que “tal e como se lle explicou aos clubes deportivos en varias reunións que mantiven con eles desde hai días, o concello abonará as axudas e subvencións que reciben anualmente”.

“Tal e como explicamos en varias ocasións tanto eu como o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín, o concello non tiña en ningún caso previsto retirar as axudas aos clubes deportivos da vila, que son unha prioridade para o goberno local”, explica Loureiro.

Os orzamentos municipais de 2024, que se debatirán en pleno o 28 de decembro, recollen as axudas do próximo ano e unha compensación polas que non se abonaron no 2023.

“Neste asunto, o único que pasou foi que non puidemos proceder ao abono das axudas de 2023 nas últimas semanas por diferentes cuestións e pagos urxentes que tivemos que afrontar, pero sempre insistimos en que atoparíamos unha solución”, afirma a alcaldesa.

Este concello colabora sempre cos clubes deportivos e coas actividades e os eventos que realizan, moi especialmente co deporte base.

O concello respecta a andaina deste venres pero non comparte o lema elixido, "xa que sempre apoiamos o deporte, con subvencións nominativas ou cando os clubes necesitaron a nosa colaboración para organizar campionatos ou eventos ”.

“Á marxe de posibles erros puntuais de xestión xa subsanados, o compromiso deste concello co deporte é firme e reitero que desde un primeiro momento aclaramos que as axudas se abonarían”, remata Loureiro.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar