CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA

CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA

O CONCELLO DE VIVEIRO APOIA A CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA CONVOCADA PARA ESTE DOMINGO 20 DE NOVEMBRO

Viveiro, 17 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro súmase ás reivindicacións da plataforma “Salvemos a Sanidade Pública” para reclamar melloras no servizo de pediatría do municipio. A plataforma convoca unha concentración para este domingo, 20 de novembro, ás 12 da mañá fronte ao centro de saúde.


A convocatoria, baixo o lema “Nin un só día sen pediatra” denuncia a falta de pediatras no centro de saúde de Viveiro. Esta circunstancia obriga ás familias a desprazarse a outros municipios para que os cativos e cativas reciban atención médica.

 

Esta semana, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, cualificou de “inaceptables” os problemas do servizo de pediatría no centro de saúde da vila. A estes problemas súmase tamén a falta de profesionais médicos noutras áreas.

 

A Xunta de Galicia non está a tomar medidas para remediar esta situación, que pon en risco un servizo básico e esencial como é a sanidade pública e, en concreto, a atención primaria”, recorda Loureiro.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar