CONCENTRACIÓN SILENCIOSA NA PRAZA MAIOR DE VIVEIRO POLO 25N

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA NA PRAZA MAIOR DE VIVEIRO POLO 25N

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA NA PRAZA MAIOR DE VIVEIRO POLO 25N

Viveiro, 25 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro, dentro das actividades organizadas pola campaña ‘En negro contra as violencias’, organizou hoxe na praza Maior unha concentración silenciosa ‘En Negro’ e a lectura dun manifesto reivindicativo.

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, fai un chamamento “a concienciar e visibilizar esta lacra social da violencia de xénero, temos que estar preto das vítimas e axudalas, aumentando os recursos para rematar o antes posible esta loita”.

Xa que este ano son más complicadas as actividades presenciais, o concello invita a todos os axentes sociais (comercio, centros educativos, etc) e á veciñanza a participar na campaña ‘En Negro’ a traves de redes sociais. Na web ennegrocontraasviolencias.gal pódese descargar todo o material. Os hashtag serán #EnNegroContraAsViolencias, #EnNegro2020, #GaliciaEnNegro, #QuerémonosVivas e #NonEstásSoa.

Finalmente, o venres o Concello de Viveiro acollerá unha nova reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, presidida pola alcaldesa de Viveiro.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar