13
Abril
CONCERTO "OS SONS ESQUECIDOS" DE ABRAHAM CUPEIRO
Terá lugar no Teatro Pastor Díaz, o 13 de abril, ás 20:30 horas
Con entrada gratuíta, o Teatro Pastor Díaz acollerá o vindeiro venres, 13 de abril, un concerto do musicólogo Abraham Cupeiro, baixo o título "Os Sons Esquecidos".
Os Sons Esquecidos é en certa maneira unha viaxe no tempo. É unha búsqueda das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear un discurso novo e sorprendente.
Neste proxecto, mestúranse instrumentos de épocas pretéritas cunha orquesta moderna, sacándoos do contexto para o que foron concebidos:
Pódese escoitar o karnyx (instrumento de guerra), evocando o son de sereas, golfiños, o mar.. En obras descriptivas e orixinais compostas por Abraham.
A corna, evoca cantos populares improvisados ou a uillean pipe, que neste caso se utiliza para interpretar el Aria de la Suite en Re de J.S. Bach.
A música popular está tamén representada con instrumentos recollidos nos seus países de orixe. As Danzas Rumanas de Bartok reencontran neste proxecto os protagonistas orixinais das que saíron por primeira vez.
Músicas e instrumentos como o tango e o cornetto, separadas no tempo, acóplanse dumha forma tan natural que parecen ter sido pensadas na mesma época.
Os Sons Esquecidos é a búsqueda da esencia, do primario.
A evocación de sons que resoan no noso interior, que resoan na naturaleza.
Unha viaxe pola historia e os sentimentos enraizada no presente.