CONCERTO AMIGOS DO FOLK BRÉTEMA

CONCERTO AMIGOS DO FOLK BRÉTEMA

O CONCELLO DE VIVEIRO COLABORA NO CONCERTO AMIGOS DO FOLK BRÉTEMA QUE SE CELEBRA O DÍA 23 NO CENTRO SOCIAL DE VIEIRO

Viveiro, 15 de abril de 2023. O Concello de Viveiro acolleu a presentación do Concerto Amigos do Folk Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.

 

O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

 

Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez máis con eles nesta actividade”, engade a rexedora que presentou o concerto xunto a Antonio José Álvarez Neira, director do Conservatorio de Música, e Jesús Chao, membro da Asociación de Veciños de Vieiro, da Aula de Adultos do Conservatorio e organizador da cita.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar