24
Agosto
CONCERTO DE BAIUCA
O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA O CONCERTO DE BAIUCA O PRÓXIMO 1 DE SETEMBRO
Viveiro, 24 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro anuncia a actuación do artista “Baiuca” o vindeiro mércores 1 de setembro de 2021. O concerto será no parque Pernas Peón ás 22:00 e formará parte da xira “Embruxo”, nome tamén do seu último álbum. Baiuca, baixo quen se atopa o músico galego Alejandro Guillán, mestura a música tradicional galega coa electrónica.
As entradas ao concerto serán gratuítas, non obstante, será obrigatorio reservar previamente as prazas no teléfono 676877799. A reserva deberá realizarse en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 a partir deste mércores 25 de agosto. Cada persoa poderá reservar un máximo de dous entradas.
Co obxectivo de garantir un concerto seguro, o Concello de Viveiro recorda que será obrigatorio cumprir as medidas sanitarias vixentes. Deste modo, o público deberá usar obrigatoriamente a máscara así como cumprir co protocolo sanitario.
Ademais, os asistentes poderán acceder ao recinto entre as 21:15 e o comezo do concerto, co obxectivo realizar un acceso sen aglomeracións.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro