17
Novembro
CONCERTO DE SANTA ICÍA
O TEATRO PASTOR DÍAZ ACOLLE ESTE SÁBADO, 20 DE NOVEMBRO, O CONCERTO DE SANTA ICÍA DA BANDA MUNICIPAL O LANDRO DE VIVEIRO
Viveiro, 16 de novembro. O Teatro Pastor Díaz acolle este sábado, 20 de novembro, o tradicional concerto con motivo da festividade da patroa dos músicos, Santa Icía.
Este concerto, ‘Suite for a small band’ da Banda Municipal O Landro de Viveiro, será ás 20:30 horas e foi presentado hoxe no concello pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o teniente de alcalde, Jesús Fernández, Carlos Timiraos e Roque Fraga, director e presidente da banda.
A banda vai facer oito agrupacións de xeito que no escenario haxa, como máximo, 18 músicos á vez para así gardar as distancias de seguridade.
“É un pracer para o concello colaborar coa organización deste concerto e apoiar todas as actividades da banda municipal, fundamental para a ensinanza musical en Viveiro desde hai máis dun século”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro