26
Novembro
CONCERTO SANTA ICíA 2016
Sábado 26 de novembro de 2016, ás 21.00 h. no Teatro Pastor Díaz Concerto de Santa Icía, a cargo da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro dirixida por D. Carlos Timiraos Timiraos. Entrada libre ata completar aforo.
Programa
Un americano en París
1ª Parte
- Pavane
Gabriel Fauré
- Bolero
Maurice Ravel
2ª Parte
- The Witch and the Saint
Steven Reineke
- Pilatus, Mountain of dragons
Steven Reineke
Un americano en París
NOTAS AO PROGRAMA
The Witch and the saint, S. Reineke
Poema sinfónico que describe as vidas de Helena e Sibylla, dúas irmás xemelgas nadas en Alemaña a finais do século XVI. A música pretende introducirnos na épica da historia, mediante o uso de música gregoriana que no inicio ambiéntannos de forma un tanto escura no drama. Mentres Helena desenvolve a súa vida de forma relixiosa, facéndose monxa, a súa irmá Sibylla queda no pobo axudando ás súas xentes cuns certos dotes de adiviñación que ambas posuían. Acusada de bruxería nunha época onde os demos fan madeixa na sociedade, a súa irmá Helena sae do convento para axudala e mesmo sacrificarse por ela. A obra foi encargo da Banda Nova de Ellwangen (Alemaña) para conmemorar o seu 50 Aniversario.
Pilatus, Mountain of dragons, S. Reineke
Este poema tonal para Banda Sinfónica ábrese co Monte Pilatus durmindo na noite, rodeado de oscuridade e misterio, entre as nubes que cubren Lucerna. A medida que amence, un grupo de valentes aventureiros escalan Pilatus na búsqueda de dragóns que cazar. Tras unha ardua viaxe chea de paisaxes sobrecolledores, os aventureiros tropezan por fin coa gorida dos dragóns. Despertan ao maxestuoso dragón, quen debe batallar cos intrusos nos seus dominios. Todos, agás un dos aventureiros, son feridos de morte, deixando ao pobre home rogando piedade ao dragón. Demostrando gran compaixón, o dragón produce unha pedra máxica, chamada draconita, coa que curar as feridas e salvar aos intrusos. Con ese acto, o dragón gañou a tolerancia dos corazóns dos homes, levandoos a unha feliz e pacífica convivencia cos dragóns de Pilatus.
CARLOS TIMIRAOS TIMIRAOS
Carlos Timiraos nado en Lugo no 1985. Comeza a estudar clarinete con oito anos no Conservatorio Profesional de M ú s i c a d e V i v e i ro, c o s mestres Francisco Javier Vidal, Juan Carlos Rega e Socorro Giz. Traladase a San^ago de Compostela donde remata o Grado profesional de clarinete baixo a tutela de Saúl Canosa. Remata os seus estudos no Conservatorio Superior de Música Eduardo Mar^nez Torner de Oviedo baixo a supervisión de Rocío Fernandez Garín obtendo as máximas cualificacions.
Formou parte da Escola de Altos Estudios Musicais, Xoven Orquesta Sinfónica de Galicia, Xoven Orquesta Ciudad de Oviedo, Banda de música Ciudad de Oviedo, European Youth Wind Orchestra e como clarinete solista na Orquesta Clásica de Asturias durante as tempadas 2009-10/ 2010-11.
Perfecciona os seus estudos de clarinete con Guy Deplus, Walter Boeykens, Fabricio Meloni, José Luis Estelles, Miguel Perez Iñesta, Javier Balaguer, Carlos Casadó, Alicia Lee, Stefano Bellante, Vicente Alberola, Josep Fuster, Luis Miguel Mendez Chaves, Andrew Marriner etc
Foi mestre de clarinete nas Escolas Municipais de Música de Cedeira, Burela, Foz e Cee. Compaxinando a docencia de Clarinete coa dirección da Banda Municipal de Música de Foz.
Na actualidade é membro do Semininario Galego de Dirección de Banda, da aula de dirección da Escola de Música de Rianxo, donde traballa co mestre David Fiuza Souto. A sua vez é dende Xullo de 2015 director da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro.
Actualmente é mestre de clarinete na Escola de Música de Cedeira e Rábade, compaxinando colaboracións coa Orquesta Filarmónica de Asturias e a Banda Municipal de Música da Coruña.