CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS

CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS

O CONCELLO DE VIVEIRO GARANTIU A CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS DURANTE O VERÁN COS CAMPAMENTOS URBANOS

Viveiro, 31 de agosto de 2021. O pasado venres día 27 de agosto rematou o campamento municipal de verán de Viveiro, que se desenvolveu ao longo dos  meses de xullo e agosto no Pavillón do CEP Lois Tobío.
Este servizo prestouse de luns a venres, de 08.30 a 14:00 horas aos 160 nenos e nenas de 4 a 12 anos participantes,  en dúas quendas de 80 participantes cada unha. “O obxectivo deste campamento é favorecer a conciliación familiar, cubrindo a nivel pedagóxico este tempo de lecer facilitando unha alternativa de ocio saúdable, fomentando o xogo, o deporte e a expresión artística, así como os valores de convivencia e respecto entre iguais”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Un  programa de lecer no que puideron desfrutar das actividades organizadas pola empresa encargada do servizo, e que intentou compatibilizar actividades lúdicas, deportivas e de concienciación medioambiental, así como a formación en valores de igualdade, e respecto á  diversidade, atendendo á especial situación derivada da crise sanitaria provocada pola Covid-19.
Neste censo, o Concello valorou especialmente a necesidade de ofrecer un recurso para todas as familias de Viveiro, “pensando sobre todo nos fogares con dificultades de conciliación e en situación de especial vulnerabilidade”, apuntan dende o goberno local.
A Concellería de Educación e Xuventude do Concello de Viveiro agradeceu ás familias, aos nenos e nenas así como ao equipo de profesionais encargados do campamento “a súa responsabilidade e implicación para o desenvolvemento exitoso do mesmo, atendendo ás  especiais circunstancias derivadas da situación provocada pola Covid-19”.
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar