12
Maio
CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO DE FERROL
O CONCELLO DE VIVEIRO COLABOROU CUNHA ACTIVIDADE DO CONSERVATORIO DE MÚSICA PARA LEVAR AOS NENOS E NENAS DO CENTRO AO CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO DE FERROL
Viveiro, 11 de maio de 2022. O Concello de Viveiro, xunto co Conservatorio Profesional de Música, organizaron unha viaxe para acudir ao XXXIII Concurso Internacional de Piano de Ferrol.
Un total de 20 persoas, entre profesores/as e alumnos/as, convidados pola organización deste prestixioso evento, asistiron ao concerto no Auditorio Municipal de Ferrol, onde tivo lugar a Gran Final coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a deliberación do xurado e a entrega de premios.
Este concurso é un dos máis antigos de España e se presentan candidatos tanto nacionais como internacionais.
“Para o concello, a promoción da música entre os nenos é unha prioridade, por iso quixemos colaborar con esta actividade, destacando unha vez máis o gran traballo que realiza o conservatorio”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro