19
Xullo
CONDUTOR DE MOTOBOMBA
O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA UNHA NOVA APERTURA DO PRAZO PARA A SELECCIÓN DUN CONDUTOR DE MOTOBOMBA
Viveiro, 19 de xullo de 2021. O Concello de Viveiro informa que o Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) de mañá martes, 20 de xullo de 2021, publicará a nova apertura do prazo para a presentación de instancias á selección de 1 condutor de motobomba. Dita praza está convocada para cubrir persoal laboral temporal mediante a modalidade de contrato laboral eventual por circunstancias da produción.
Esta convocatoria realízase ao amparo de Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, cunha duración do contrato de 2 meses e medio.
As bases deste proceso están publicadas na páxina web do Concello (https://www.viveiro.es/) e no taboleiro de anuncios dixital.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro