21
Setembro
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO ALZHEIMER
O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA DO ALZHEIMER
Viveiro, 20 de setembro de 2022.
O Concello de Viveiro súmase aos actos con motivo do Día do Alzheimer, que se conmemora mañá, xoves 21 de setembro. Para reivindicar esta data, a porta de Carlos V iluminarase de cor verde a noite do día 21 ao 22.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca con motivo desta efeméride “o gran labor que realiza a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro, AFA Viveiro, de prevención, detección precoz e atención ao longo de todo ano”.
“Dende o Concello mantemos dende hai anos unha colaboración constante con esta asociación, polo que coñecemos de primeira man a súa importancia para ás persoas afectadas por esta enfermidade”, engade a rexedora.
O Concello colabora coa asociación de diversos xeitos, a través de subvencións, colaborando coas actividades dos usuarios e usuarias, ou cedéndolles instalacións municipais como as dependencias no claustro do convento de San Francisco.
A alcaldesa destaca que “iniciativas de sensibilización como esta son fundamentais para dar visibilidade e involucrar á cidadanía na demanda de máis recursos para a investigación nesta enfermidade”. “Amosamos, un ano máis, todo o noso apoio a quen sofre o Alzheimer e ás súas familias”, conclúe Loureiro.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro