24
Marzo
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA
O CONCELLO DE VIVEIRO E O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA ENTREGAN MAÑÁ OS DIPLOMAS DOS CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN MUSICAL
Viveiro, 24 de marzo de 2022. A Igrexa das Concepcionistas de Viveiro acolle mañá, venres 25 de marzo, ás 17:00 horas o acto académico de entrega de diplomas dos Cursos de especialización musical que se realizaron no último trimestre do ano 2021.
Os cursos foron organizados polo Concello de Viveiro, a través do responsable do Conservatorio, que é o tenente de alcalde Jesus Fernández Fernández, e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
O acto comezará cun pequeno concerto da Orquestra de Guitarras do Conservatorio, dirixida por Antonio Río Rodríguez, e formada por 18 guitarristas que neste caso vanse ver reforzados por 12 alumnos de guitarra de grao elemental, no que será o seu primeiro concerto público.
Interpretarán obras coñecidas do repertorio deste tipo de agrupacións, ademais da estrea dunha obra da alumna Beatriz Díaz López. A entrada é libre.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro