02
Xuño
CONVENIO DE COLABORACIÓN CO MINISTERIO DO INTERIOR PARA REFORZAR AS MEDIDAS DE PROTECCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
O CONCELLO DE VIVEIRO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO MINISTERIO DO INTERIOR PARA REFORZAR AS MEDIDAS DE PROTECCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Viveiro, 2 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro acaba de asinar un convenio co Ministerio do Interior para a incorporación da Policía Local de Viveiro ao ‘Sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero’, que servirá para coordinar as actuacións da Administración Xeral do Estado a administración local, co fin de profundizar nas medidas de protección ás vítimas.
Dende o goberno municipal considérase que este convenio servirá para aunar esforzos contra a violencia de xénero, coordinando as acción de todas as administracións para garantir unha mellor protección das vítimas.
Ademais, considera que a sinatura deste convenio supón un paso máis nas actuacións que dende o Concello de Viveiro se veñen realizando neste ámbito, entendendo que a coordinación dos corpos e forzas de seguridade do estado fará que o seu traballo resulte máis efectivo.
O concello valora moi positivamente a sinatura deste convenio, pois é evidente que a violencia de xénero é unha lacra social que require da coordinación e colaboración de todos para a súa erradicación.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro