Convenio entidades deportivas Concello de Viveiro

CONVENIO ENTIDADES DEPORTIVAS CONCELLO DE VIVEIRO

CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE VIVEIRO

No día de hoxe vaise proceder á sinatura dos convenios de colaboración entre este concello e diversas asociacións deportivas por un importe total de 37.000 euros, dun orzamento total de 67.500 euros para o exercicio 2017 para entidades deportivas. Ao amparo destes convenios, aprobados na Xunta de Goberno Local de data 2 de outubro de 2017, o Concello de Viveiro dálle continuidade á liña de colaboración que vén mantendo coas distintas entidades deportivas concedéndolles unha subvención nominativa para o desenvolvemento da súa actividade durante o presente ano.

No acto previsto para hoxe ás 19:00 horas, na sala de xuntas da Casa do Concello, esta Alcaldía asinará os respectivos convenios cos representantes das seguintes entidades deportivas: Club Ximnasia Viveiro, Viveiro SD, AD San Roque, ACD Penalba, CB Baloncesto e Club Balommano Viveiro. Quedarían pendentes, ademais, a sinatura doutros catro convenios con outras tantas entidades deportivas que están pendentes de presentar no concello a documentación necesaria para formalizar dito convenio; ademais, xa se ten firmado outro convenio co Viveiro CF.

Ademais destas subvencións nominativas, o concello debe asumir os custes derivados das distintas instalacións deportivas municipais; estes gastos, a data 31 de outubro de 2017, ascenden á cantidade de 185.122,83 euros.

Para o Concello de Viveiro o deporte é unha prioridade, entendendo que engloba unha serie de valores que cómpre promover. As subvencións referidas concédense a asociacións deportivas que participan en competencións oficias atendendo principalmente aquelas que fomentan o deporte base.

 

Viveiro, 7 de novembro de 2017

A Alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar