10
Setembro
CONVENIOS COAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E A XUNTA DE COFRADÍAS
O CONCELLO DE VIVEIRO ASINA OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E A XUNTA DE COFRADÍAS
-“Estamos na obriga de colaborar coas entidades que levan moitos anos traballando pola cultura e as tradicións locais”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
-Asinouse tamén a colaboración co comercio do casco histórico.
Viveiro, 10 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro asinou os convenios de colaboración coas asociacións e entidades culturais locais, a Semana Santa e o comercio do casco histórico.
En concreto, asináronse os convenios coa Asociación Cultural Proa (5.500 euros para a organización da Feira de Artesanía de Viveiro 2024); a Asociación Banda de Música o Landro de Viveiro (35.000 para os gastos en actividades dos anos 2023 e 2024), e a Asociación Cultural Ether (8.000 euros para a organización do Festival Ether).
Tamén asinouse o convenio coa Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro (50.000 euros para os gastos dos anos 2023 e 2024), e a Asociación Cultural Bágoas da Terra (33.000 euros para 2023 e 2024).
O concello asinou por último o convenio coa Asociación Centro Comercial Casco Histórico (10.000 euros).
“Falamos na súa maior parte de entidades que levan moitos anos traballando pola cultura e as tradicións de Viveiro, como é a nosa Semana Santa”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
“Desde o concello, temos que apoiar ás agrupacións e proxectos que traballan para manter vivas as tradicións locais”, engade a alcaldesa, “así como colaborar co comercio de Viveiro”.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro